Benvidos
Benvidos á miña páxina, creada para mergullarse nun mundo de cancións e paixón pola música e pola vida.
Novo disco de Fran Amil
Chega “Popsía”, o novo proxecto musical de Fran Amil. Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é “Popsía” o novo disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de tódolos tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como ”Negra sombra”. Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora.
Tucho Calvo, libraría Biblos
Próximas actuacións
- Charla concerto Popsía no CEIP Sagrado Corazón de Pontevedra
- Pontevedra, España
- CEIP Sagrado Corazón de Pontevedra
- Charla concerto para achegar ao alumnado a lírica galega e a súa relación coa música, tomando como elemento referencial o disco de Fran Amil “Popsía Vol.I”.
Videoclip “Candeloria”
Espectáculos Fran Amil 2024
Puntos de venda de “Popsía Vol. I”
CHARLA CONCERTO POPSÍA PARA INSTITUTOS E COLEXIOS
Unha extraordinaria actividade para achegar ao alumnado do ciclo superior de primaria, e o alumnado de secundaria, a lírica galega e a súa relación coa música, tomando como elemento referencial o disco de Fran Amil “Popsía Vol.I”.