Esta páxina faime moita ilusión, porque me permitirá relacionarme c@s siareir@s, e comunicarlles cantas iniciativas levemos adiante para favorecer o contacto coa miña música e @s nos@s seguidor@s.
Aconséllovos xirar visita a cotío a esta miña/vosa páxina, para que poidades estar ao día das nosas actividades, e tamén que lle botedes un ollo a tantas seccións marabillosas que vos temos preparadas.
Quero deixarvos aquí unha pequena pegada da miña ampla traxectoria no mundo da música.
Destaca a pertenza como integrante, na miña faceta de batería, dalgunha das bandas máis representativas do que se coñece como rock bravú: Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe, Ultracáns ou Tres Trebóns, entre outras.
Aquí podemos escoitar o tema de Os Papaqueixos “Matías o morcego”, con música de Manolo Montero e letra miña, incluído no imprescindible cd do ano 1999 “A lóxica aplastante do comité de propaganda”.
- Matías o morcego Os Papaqueixos 3:50
Hoxendía, desenvolvo simultaneamente dous proxectos musicais: Fran Amil (como intérprete e compositor), e outro denominado Chuches Amil (un proxecto de música familiar cun aceno contemporáneo).
En ámbolos proxectos son a voz solista e toco a batería (na gravación dos discos), ademais de compor e arranxar todos os temas.
Para saber máis do proxecto Chuches Amil recoméndovos unha visita á nosa increíble páxina http://www.chuchesamil.com/:
No ano 2016, publico un cd con textos do poeta Manuel María: “A voz do vento”. O resultado é un ecléctico traballo no que se mestura rock, folk, blues e pop. Compoño a música de todos os temas, gravando batería, percusións, teclados e voz, e conto coa participación de, entre outros músicos, Paco Cerdeira á guitarra, Richi Casás ao saxo, Aarón Bouzón ao EWI 4000, e as voces de Xurxo Souto, Jasper, Paula Romero, Belén Tajes, Antón Díaz, O Leo, M.J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.

Desfrutade da canción “Aínda teño a esperanza”, coa miña voz e a de Belén Tajes.
- Ainda teno a esperanza Fran Amil e a tribo incompren 3:07
Faro de Vigo Presentación na Casa Manuel María Actuación en “Luar” Actuación en As Pontes no ano 2019
No ano 2021 publico “Popsía Vol. I”

Con “Popsía” quero achegar clásicos da lírica galega de todos os tempos á sensibilidade do século XXI. Rimas de sempre a ritmos actuais (rock, pop, soul, etc.). Un feixe de poemas convertidos en cancións abraiantes, bailabeis, engaiolantes. Unha descarga de mestizaxe que afonda na realidade de que a música non coñece fronteiras, nin temporais nin espaciais. Somerxédevos e deixádevos levar cara un tempo de lecer e un espazo de seu que vos illará dos problemas do mundo por un anaco.

Foi un pracer xuntar a un grupo de músicos irrepetible e cos que teño a honra de contar co seu talento na meirande parte dos meus discos e dos directos. Paco Cerdeira, Richi Casás, Antón Torroncho, Manu Payno, Ruchy de Baio…, e tantos outros que teredes ocasión de coñecer nos concertos.
Poeta ou non, eu cantarei as cousas
Que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
Ancho herdo meu, o mundo que me deron.
(Xosé María Díaz Castro)

¡Alumarei con fachas de palabras!
Así soa “Coma brasas”, segundo o poema de Xosé María Díaz Castro
- COMA BRASAS Fran Amil 4:31