Na VI Cita coa Historia en As Pontes, Fran Amil agromou entre a néboa e as luces para ofrecer a súa marchosa versión dos rosalianos versos do poema Negra Sombra. Unha descarga inédita de funky e fusión con aires celtas que deixou a máis de un abraiado.
Hai que recoñecer que moito axudou unha extraordinaria banda co saxo tenor de Gueorgui Oganesian, Miguel Vázquez roncando na gaita e no saxo soprano, Ángeles Dorrio coa súa potente e cálida voz nos coros, Bernardo Pita na guitarra eléctrica, Miguel Paz batendo con mestría na batería e Antón Torroncho sostendo no baixo esta máquina de mallar que arroupa a voz e a presenza estelar de Fran Amil.
As Pontes, unha boa praza para encher a noite de versos e música engaioladora.
Foto con premio. Os tres primeiros en mandarnos un mail dicindo FOTO PREMIADA EN AS PONTES recibirán un cd single de “Aleluya”