Amilicia Bravú na VIII Cita coa Historia de As Pontes

Sábado @ 11:30 p.m.

As Pontes, A Coruña, España

Fran Amil voz solista e batería; Iván Bernárdez no baixo; Eduardo Méndez Baamonde na frauta traveseira, saxo alto e gaita; Iria Iglesias no teclado; Ismael Marcos no saxo tenor e a gaita; e Jacobo Sainz na guitarra eléctrica.

Detalle da actuación

Venue Details

Enderezo
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes, A Coruña
España
Sitio web:

Fran Amil, o batería máis bravú, proxecta unha homenaxe de honra a unha arroutada musical que cumpre trinta anos: O rock bravú, esa etiqueta creada polas bandas galegas no ano 1994 para falar do “rock sen capar”. Galego e en galego, unha arroutada en palabras de Xurxo Souto, unha paixón que queima o peito, en acertada definición do escritor Javier Valiño. Unha descarga de bravura, un fito ineludible na historia da música popular galega.