Popsía no Auditorio Ágora da Coruña

Mércores @ 12:00 a.m.

Betanzos, A Coruña, España

Actuación de Fran Amil coa súa banda, nunha charla concerto arredor do concepto “Popsía”

Detalle da actuación

Venue Details

Enderezo
Av. Carregal, 0
Betanzos, A Coruña 15300
España
Sitio web:

A charla concerto xirará arredor do proxecto musical de Fran Amil. Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é “Popsía“, o disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como “Negra sombra”. Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora.

A banda está formada por Fran Amil na batería e na voz solista; Iván Bernárdez no baixo; Eduardo Méndez Baamonde na frauta traveseira e no saxo alto; Iria Iglesias no teclado; Ismael Marcos no saxo tenor e a gaita; e Jacobo Sainz na guitarra eléctrica.