Letra: Manuel María (do libro “Sonetos á Casa de Hortas”, 1997)
Música: Fran Amil
Manuel María escribe unha extraordinaria reflexión do tempo da vellez, na que pondera as cousas positivas dunha existencia ricaz.
No poema fai referencia ao gran amor da súa vida, Saleta Goy. Saleta sempre, a pesares de irse hai nada. Supoño que na procura de Manuel María, para entrambos facer que a luz volva ser poderosa e a tebra escasa.

Fran Amil: voz principal e batería
Xurxo Souto: colaboración voz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Agora que gastei os meus outo Fran Amil e a tribo incompren 3:27
Agora, que gastei os meus outonos | |
e ben entrado xa no propio inverno, | |
acredito no fugaz e no eterno | |
e só me asusta o raio, non os tronos. | |
Un, dende fai moitos anos, comprendeu | |
que todo é asegún e relativo | |
e ninguén é tan bo nen tan cativo, | |
nen podemos prescindir do propio eu. | |
Gardo dentro de min toda a fragancia | |
dos amados rincós da miña infancia | |
e os recendos que tiña a vella casa. | |
Foi chama o meu amor. Agora é brasa. | |
Saleta sempre. Perdón pola arrogancia: | |
“A luz é poderosa. A tebra, escasa.” | |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.