Letra: Manuel María (do libro “Versos do lume e o vagalume”, 1982)
Música: Fran Amil
Manuel María escribe unha fermosa poesía que pecha unha das arelas máis perseguidas por moitos dos artistas na actualidade. Eu mesmo aínda teño a esperanza de poder percorrer unha por unha todas as parroquias de Galicia para que coñezan a miña música.

Fran Amil: voz principal e batería
Belém Tajes: colaboración voz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Richi Casás: clarinete baixo
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Ainda teno a esperanza Fran Amil e a tribo incompren 3:07
Aínda teño a esperanza de poder | |
percorrer unha por unha | |
todas as parroquias de Galiza, | |
lugares e casais, | |
andar porta por porta, | |
dialogar persoa a persoa | |
face a face, | |
pois non hai tarefa máis urxente, | |
fermosa, nidia e necesaria. | |
Gastarei o meu corpo nos camiños | |
ata ser po, seixo e silveira. | |
A miña voz, de tan usada, será | |
o levísimo eco dun rumor: | |
só fundamento de semente | |
que apenas poderá rozar | |
a intimidade choída dos galegos, | |
estraña tribo incomprensíbel | |
feita de tebra, vento e cantería. | |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.