
En Vilanova de Arousa (Pontevedra) o día 28 de outubro de 1866 agromou non unha estrela, senón toda unha constelación literaria que habería de chamarse Ramón María del Valle-Inclán. Un furacán, un volcán en erupción, un maremoto que faría cambalear o mundo literario, e iluminaríao cun fulgor inédito ata esas datas. Unha luz bohemia que en clave lírica pasaría do marquesado de Bradomín a tirano, unha comedia bárbara cunha cara de plata blasonada nun romance de lobos disfrazado de martes de carnaval, un auto de siluetas que se retratou nun retablo de avaricia, luxuria e morte. Divinas palabras que seguiron a guerra carlista no ruedo ibérico, esa corte de milagros que só se pode albiscar se un está carregado coa súa pipa de kif. ¡Aleluia!
Ramón María del Valle-Inclán albiscou un xeito de facer teatro tan revolucionario que terían que pasar anos para que os teatreiros soubesen como encarar as súas representacións. O esperpento como figura senlleira, un xeito de recoñecer o mundo (a España) reflectido nos espellos do canellón do Gato, onde buscar o lado cómico no tráxico da vida. Agora que o penso, que xeito de estar de actualidade. Certamente, o xeito de estar dun xenio: a perenne actualidade, o acompañármonos ao longo da nosa existencia, o dicirnos a través da súa obra o que precisamos escoitar en cada instante ou, no caso de Valle-Inclán, o de abrirnos a simas que afondan nas facetas máis profundamente humanas por duras que sexan.

“La pipa de kif” foi editado no ano 1919, e aínda mantendo unha estreita relación coa estética do Modernismo (podemos tamén xirar visita a Panorama del Modernismo), albíscase nos seus versos xa un aire de esperpento e disparate, e retrata un mundo de hampóns e mulleres sometidas, rufiáns e alcahuetas, asasinos, verdugos… Un forte cheiro de marihuana contorna as palabras e as imaxes provocadas. Esa mesma sensación foi a que nos levou a darlle esa impresión de rock psicodélico á nosa versión do poema “Aleluya”, reducido para a canción, aínda que atopamos unha fórmula para engadir máis versos contra o remate da canción. Así contámosllo a don Ramón María cando o visitamos no seu banco do Paseo da Alameda en Santiago de Compostela. Para saír de dúbidas e saber o que fixemos, o mellor é que non resistades a tentación e lle deades ao botón para escoitar a canción.
- ALELUYA Fran Amil 4:40
ALELUYA
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
Por la divina primavera
Me ha venido la ventolera
De hacer versos funambulescos—
Un purista diría grotescos—.
Para las gentes respetables
Son cabriolas espantables.
¡Sombra del misterioso delta,
Vibra en tu honor mi gaita celta!
¡Tú amabas las rosas, el vino
Y los amores del camino!
Cantor de Vida y Esperanza,
Para ti toda mi loanza.
Por el alba de oro, que es tuya, Aleluya.
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
Hay que crear eternamente
Y dar al viento la simiente:
El grano de amor o veneno
Que aposentamos en el seno.
El grano de todas las horas
En el gran Misterio sonoras.
¿Y cuál será mi grano incierto?
¡Tendré su pan después de muerto!
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
¡Aleluya! ¡Aleluya! ¡Aleluya!
RECITADO:
Pálida flor de la locura con normas de literatura
Acaso esta musa grotesca, ya no digo funambulesca,
que con sus gritos espasmódicos irrita a los viejos retóricos
y salta luciendo la pierna no será la musa moderna.
Apuro el vaso de bon vino y hago cantando mi camino
y a compás de un ritmo trocáico de viejo gaitero galaico
llevo mi verso a la farándula: Anímula, Vágula, Blándula.
Carlos e máis eu achegámonos ata a casa natal de don Ramón María, en Vilanova de Arousa. A casa está reconvertida hoxe na Casa Museo de Valle Inclán, e alí tratáronnos con moita amabilidade a pesares de aparecer de súpeto e sen avisar. Queríamos cantar “Aleluya” a carón da efixie valle inclanesca, e rodamos co Iphone gravando imaxe e son, sen máis apoiatura técnica, polo que pedimos excusas se soa un chisco reverberado. Tivemos a sorte de que acababan de colocar a mesa onde Valle Inclán escribía a miúdo. Desfrutade da canción.
Para escoitar a canción, premede no título enriba da foto.
Se queres ver máis efemérides relacionadas cos autores líricos do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.