Letra: Manuel María (do libro “A luz resucitada”, 1984) Música: Fran Amil Na década de 1980, Manuel María intensificou a súa faceta de difusor cultural, participando en conferencias, coloquios, pregóns, recitais, xuntanzas culturais, etc. A canción “O desexo” ben podería facer referencia a ese esforzo. A banda creada para este disco, co nome de Fran […]
Autor: Carlos Amil
Non temos escolas en galego
Letra: Manuel María (do libro “Aldraxe contra a xistra”, 1973) Música: Fran Amil Cando Manuel María escribiu este poema, a situación da fala era problemática, pois o galego apenas tiña unha presenza testemuñal nos medios da época. Curiosamente, a pesares de que hoxe temos xornais, libros, radios e televisión en galego, paradoxalmente a situación do […]
Hai que dicir sempre non
Letra: Manuel María (poema “Estudio socio-económico-cultural (Propio para teses doutorais)” do libro “Proba documental”, 1968) Música: Fran Amil Manuel María, nacido en Outeiro de Rei (Lugo), foi un dos poetas máis prolíficos e máis comprometidos coa nosa terra, dende que comezara a súa andaina literaria a principios da década dos 50 do pasado século XX. […]
Aleluya
Letra: Ramón María del Valle-Inclán Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Ramón María del Valle-Inclán. O escritor. E xa non deberiamos escribir máis nada. Pero alén da súa prosa maiúscula e do seu teatro indescriptible, Valle-Inclán ten un poemario extraordinario que as máis das veces fica agachado entre tanto […]
Dasme a vida
Letra: Avilés de Taramancos Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Avilés de Taramancos, de Taramancos, Boa (Noia, A Coruña), o taberneiro da palabra, é un fecundo poeta que bebe da fonte limpísima da vida. Xa tiña gana de cantar unha canción de amor, e Avilés agasállanos con esta fermosa, […]
Mentres canto
Letra: Celso Emilio Ferreiro (poema titulado “Spiritual”, do libro “Longa noite de pedra”) Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil O poeta de Celanova (Ourense) Celso Emilio Ferreiro é o bardo con máis versións musicadas da súa obra. E é que en cada verso de Ferreiro abrolla un ritmo cantable […]
Rosa das rosas
Letra: Afonso X O Sabio Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Afonso X O Sabio proxéctase dende o século XIII ata os nosos días cunha obra cumio como é “Cantigas de Santa María”. Estas cantigas son unha das coleccións de canción monofónica máis importante da literatura medieval occidental. En […]
Pena da roca
Letra: Leiras Pulpeiro Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Manuel Leiras Pulpeiro, nacido en Mondoñedo (Lugo), é un dos compoñentes do Rexurdimento e publicou en 1911 o libro “Cantares gallegos”, onde recollía cantigas de tipo popular. Nós fixemos un pequeno popurrí, xuntando algúns deses versos para dar forma a […]
Negra sombra
Letra: Rosalía de Castro Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Pouco que engadir sobre a figura máis estudiada e recoñecida da lírica galega. Se acaso, afondar na última tendencia sobre a revisión biográfica, que sitúa a Rosalía no cumio da modernidade do seu tempo, rompendo cos tópicos e cunha […]
Candeloria
Letra: Amado Carballo Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil O pontevedrés Luís Amado Carballo é un dos principais poetas de comezos do século XX, e un dos que trouxo a modernidade á poesía galega. “Candeloria” é un canto que xunta campo e primavera na palma da man. E ficou […]