Letra: Antón Tovar Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Nado en Pereira, Rairiz de Veiga, na ourensá comarca da Limia, Antón Tovar foi poeta bilingüe que no ano 1962 publica “Arredores” na editorial Galaxia. Aínda que a súa poesía adoitaba encadrarse dentro da corrente chamada “existencialismo” e caracterizarse por […]
Autor: Carlos Amil
Coma brasas
Letra: Xosé María Díaz Castro Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Nado en Guitiriz (Lugo), Xosé María Díaz Castro só publicou o libro de poemas “Nimbos” en vida na editorial Galaxia, no ano 1961. “Coma brasas” pertence á sección “Pórtico”, a primeira das sete seccións en que se divide […]
Ondas de San Simón
Letra: Mendiño Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil Música: Fran e Carlos Amil Arrancamos o disco cunha das cantigas de amigo consideradas un fito dentro da lírica tradicional galaicoportuguesa. Consérvase no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e no da Biblioteca Nacional de Lisboa (Cancioneiro Colocci-Brancuti). Unha peza do século XIII dun lirismo desesperado e suxerentemente […]
Nova sección adicada ás letras dos meus discos
Co arranque do curso este setembro de 2022, incorporamos unha nova sección adicada ás letras das cancións de meus discos. Comezamos por “Popsía Vol. I”, coas primeiras cancións, ”Ondas de San Simón”, “Coma brasas” e “San Martiño”. Iremos engadindo novas letras, e aportaremos textos e fotografías que sitúen a creación das miñas cancións, e que […]
Marabillosa crítica de “Popsía” en Nós Diario
Esta é a increíble crítica escrita por Fernando Montenegro, e publicada o 7 de xaneiro de 2022 no suplemento “Sermos Galiza” de Nós Diario. Unha crítica na que o autor é quen de albiscar no máis profundo do meu ser para entender as motivacións que me levaron a afondar na lírica galega á hora de […]
Cabodano de Antón Tovar
Alá van 18 anos do pasamento de Antón Tovar, unha das voces líricas máis salientabeis da poesía galega do século XX. Nado en Pereira, Rairiz de Veiga (Ourense), o día 26 de outubro de 1921, escolleu o 16 de xuño de 2004 para dar remate ao seu paso por esta vida. Elixiu a cidade de […]
Aniversario Impresión de “Terra Chá”
O 17 de maio de 1954 edítase un dos libros de poemas fundamentais de Manuel María: “Terra Chá” na Editorial Celta (Lugo), con limiar de Ánxel Fole. Esta editorial tivo un papel de referente pola difusión da cultura galega durante o franquismo. A súa primeira publicación en galego foi, precisamente, un outro libro de Manuel […]
Aniversario Impresión de “Cantos rodados para alleados e colonizados” de Manuel María
O 10 de maio de 1976 edítase o libro de poemas de Manuel María “Cantos rodados para alleados e colonizados” na Editorial Xistral (Monforte de Lemos). A editorial fora creada en Lugo en 1952 polo propio poeta da Terra Chá xunto con Ánxel Johán, e sacou unha colección de poesía galega co mesmo nome da […]
Aniversario nacemento de Luís Amado Carballo
Alá van 121 anos do nacemento do enorme poeta Luís Amado Carballo (Pontevedra 2 de maio de 1901, 3 de setembro de 1927). Acanda o seu coetáneo Manuel Antonio, Amado Carballo é un dos renovadores da poesía galega de principios do século XX. Fundador do hilozoísmo e máximo representante, respecta a tradición poética e emprega […]
POPSÍA EN CULLEREDO
Espectacular charla concerto en Culleredo o venres 22 de abril!!! O Auditorio do edificio de Servizos Múltiples vibrou hoxe con ‘Popsía’, o espectáculo de Fran Amil. O alumnado do Instituto Universidade Laboral, o IES Blanco Amor e do IES Rego de Trabe, así como as persoas usuarias do Centro Ocupacional a Escada gozaron esta mañá […]