Tal día coma hoxe, hai 30 anos, morreu Avilés de Taramancos (Boa, Noia 6 de abril de 1935, A Coruña 23 de marzo de 1992). Poeta precoz (publicou o seu primeiro poema aos quince anos, na revista noiesa Tapal), emigrante e aventureiro (estivo un tempo na selva amazónica), converteuse no poeta taberneiro ao volver a […]
Autor: Carlos Amil
Aniversario de nacemento de Rosalía de Castro
Un 23 de febreiro de 1837 naceu na Casa da Parra do Camiño Novo (hoxendía Praza de Vigo), en Cornes, lugar de Conxo (Santiago de Compostela) unha meniña que habería trocar a historia da literatura galega como ningunha outra figura senlleira: Rosalía de Castro, bautizada como María Rosalía Rita o día 24 (día e razón […]
Aniversario de nacemento de Afonso X O Sabio
Afonso X O Sabio, rei de Castela e León, naceu en Toledo o 23 de novembro de 1221 e morreu en Sevilla o 4 de abril de 1284. Desenvolveu unha política económica, coa que reformou a moeda e a facenda. Tamén levou adiante unha obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou […]
Cabodano de Manuel Leiras Pulpeiro
Hai xa 109 anos que morreu Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 25 de outubro de 1854, 9 de novembro de 1912), escritor pertencente ao Rexurdimento. Leiras Pulpeiro colleitou unha chea de refráns, adiviñas, cantares e outras herbas da cultura popular, que entre outras cousas habían de proporcionarlle a estrutura do único libro que publicou en vida: […]
Aniversario de nacemento de Valle-Inclán
En Vilanova de Arousa (Pontevedra) o día 28 de outubro de 1866 agromou non unha estrela, senón toda unha constelación literaria que habería de chamarse Ramón María del Valle-Inclán. Un furacán, un volcán en erupción, un maremoto que faría cambalear o mundo literario, e iluminaríao cun fulgor inédito ata esas datas. Unha luz bohemia que […]
Aniversario de nacemento de Antón Tovar
En Pereira, Rairiz de Veiga (Ourense) nacía hai cen anos o poeta Antón Tovar. O día 26 de outubro de 1921 tivo o seu primeiro contacto cun mundo que había de estrañar, e que lle amosaría a face existencialista para mergullarse na procura de respostas (máis ben coa misión de facer preguntas que el sabía […]
Aniversario de nacemento de Manuel Leiras Pulpeiro
Mondoñedo encheuse de luz o día 25 de outubro de 1854, para recibir a Manuel Leiras Pulpeiro. Andando o tempo, aquel meniño mindoniense habería deixar unha profunda pegada na vida e nos corazóns dos homes e mulleres da comarca, facendo honra á frase que mellor o caracterizaba: “Amou a verdade e practicou o ben”. Como […]
Aniversario de nacemento de Manuel María
Tal día coma hoxe, hai 92 anos, naceu Manuel María (Outeiro de Rei 6 de outubro de 1929, A Coruña 8 de setembro de 2004), poeta da Terra Chá, que alimentou coa súa verba largacía e fértil o meu disco “A voz do vento” en 2016, ano que lle adicaron o Día das Letras Galegas. […]
Chuches Amil finalista dos Premios Martín Códax da Música
Os Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo, veñen de propoñer a Chuches Amil como finalista na categoría de Música Infantil. Con ese motivo, fumos ata Cambados o meu irmán Carlos e máis eu, ás Bodegas Martín Códax, onde tivo lugar un emotivo reencontro de músic@s e a sensación de que imos […]
Mes de celebracións
Este mes de setembro conmemoramos os cabodanos de Manuel María, a quen lle adiquei completo o disco “A voz do vento”, e o de Luís Amado Carballo, un dos poetas que fornece o disco “Popsía Vol. I”. Para a lembranza de Luís Amado Carballo gravei unha versión en acústico de “Candeloria”. Para a homenaxe a […]