Tal día coma hoxe, hai 17 anos, morreu Manuel María (Outeiro de Rei 6 de outubro de 1929, A Coruña 8 de setembro de 2004), poeta da Terra Chá, ao que lle tributei o disco “A voz do vento” en 2016, ano que lle adicaron o Día das Letras Galegas. Polifacético, ademáis de mestre e […]
Autor: Carlos Amil
Curso prometedor
Comezamos o curso 2021-22 do mellor xeito posible na nosa páxina, cunha nova sección chamada “Miscelánea”, que podemos atopar inserida no menú “Multimedia”. Esta sección acollerá artigos relacionados cos meus discos e actuacións, e arrancamos conmemorando o cabodano de dous dos poetas que integran o plantel de autores dos versos que alimentan o meu disco […]
Cabodano de Luís Amado Carballo
Hoxe cúmprense 94 anos do pasamento do poeta Luís Amado Carballo (Pontevedra, 2 de maio de 1901, 3 de setembro de 1927), un dos maiores renovadores da poesía galega de principios do século XX, a pesares de morrer moi novo. Poeta visionario que foi quen de mesturar vangarda e tradición, Amado Carballo formou parte dunha […]
Cabodano de Celso Emilio Ferreiro
Hoxe, 30 de agosto de 2021, cúmprense 42 anos desde que Celso Emilio Ferreiro abandonou a terra, para instalarse na memoria colectiva como bardo senlleiro da lírica galega. O título do seu libro de poemas “Longa noite de pedra”, editado no ano 1962 na editorial Galaxia, é empregado por moita xente para adxectivar a longa […]
Novas incorporacións mes de xuño
Neste mes de xuño de 2021 seguimos alimentando e medrando a nosa páxina. No menú “Multimedia” temos dúas novas páxinas: a subsección “O que de min dixeron os medios”, inserida na sección “Medios”, na que daremos conta de todo canto digan sobre os nosos proxectos nos medios; e a subsección “Internet” inserida tamén na sección […]
Presentación de “Popsía Vol. I” no programa “Zigzag” da Tvg
Pilar G. Rego entrevista a Fran Amil a propósito da publicación do disco “Popsía Vol. I”. Un repaso musical á historia da lírica galega en versións remozadas en clave pop, soul, funk e rock, que revitalizan uns textos inmorredoiros e demostran que os clásicos son clásicos porque se adaptan a calquera tempo e a calquera […]
Inauguramos a páxina de Fran Amil
Inauguramos hoxe unha páxina que me fai moita ilusión, porque me permitirá relacionarme c@s siareir@s, e comunicarlles cantas iniciativas levemos adiante para favorecer o contacto coa miña música e @s nos@s seguidor@s. Contareivos anécdotas derivadas dos meus concertos, así como da gravación e/ou edición dos meus discos, e tamén surtireivos de novas relacionadas co meu […]