Candeloria

Letra: Amado Carballo

Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil

Música: Fran e Carlos Amil

O pontevedrés Luís Amado Carballo é un dos principais poetas de comezos do século XX, e un dos que trouxo a modernidade á poesía galega. “Candeloria” é un canto que xunta campo e primavera na palma da man.

Fran diante da casa de Luis Amado Carballo, no número 9 da rúa Benito Corbal (chamada do Progreso a comezos do século XX), en Pontevedra

E ficou o día ancorado na ría donda do ceo, e o saxo sobe ao lonxe como rosarios de incenso. Richi desatado e Torroncho seguendo a súa pegada, lévannos da man a Paco e a min mesmo. Carlos di que cada vez que escoita esta canción estrea un luar na súa imaxinación.

Fran Amil: voz principal, coros, percusións e batería

Paco Cerdeira: guitarra eléctrica

Antón Fernández “Torroncho”: baixo

Ricardo Casás “Richi”: saxo tenor

Arturo Vaquero: percusións

Richi Casás á esquerda e Fran Amil á dereita perante a gravación de “Popsía Vol. I” no estudio Abrigueiro

Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.

  1. CANDELORIA Fran Amil 3:16

Embed

Copy and paste this code to your site to embed.

Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo galanado.
Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de incenso.
O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras,
xa está arranxado no val.
Lai larai larai, larai lai larai larai lai lai
lai larai larai…
Candeloria. (x2)
Vai tocando polo campo
a sua zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonoras dos piñeiros.
O campo as montanas ruzas
envolve en capa pluvial,
co hisopo do sol mollado
dalles a beizón nupcial.
Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrena un luar o campo.
Lai larai larai, larai lai larai larai lai lai
lai larai larai…
Candeloria. (x2)

Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.