Letra: Manuel María (do libro “Aldraxe contra a xistra”, 1973) Música: Fran Amil Manuel María repasa a nosa historia, esquecida adrede nos manuais ao uso na época na que se publicou o poema. Afortunadamente, na actualidade achegámonos á nosa historia doutro xeito, pero cómpre seguir alerta, porque os tempos do esquecemento axiña se instalan na […]

Letra: Manuel María (do libro “As lúcidas lúas do Outono”, 1988) Música: Fran Amil Manuel María canta á resistencia. Os seus versos convértense nun berro rockeiro. Somos como o aceiro e como o ferro. A vida é unha espiral cega e retorta, pero nós aprendemos todos os seus camiños e reviravoltas e, con pan e […]

Letra: Manuel María (do libro “Terra Chá”, 1954) Música: Fran Amil Manuel María canta no seu primeiro libro á súa terra e ás cousas sinxelas e cheas de vida, como esas poceiras de vida efímera. Pero grazas á forza e honestidade dos seus versos, as poceiras alongan a súa vida sempre que algunha orella esperta […]

Letra: Manuel María (do libro “A luz resucitada”, 1984) Música: Fran Amil Manuel María reflicte neste poema a estraña condición de quen non se sinte acollid@ na propia terra. Unha condición que abrangueu a multitude de galeg@s que tiñan difícil expresar a súa galeguidade coa normalidade que case calquera outra nacionalidade de calquera outra parte […]

Letra: Manuel María (do libro “Versos do lume e o vagalume”, 1982) Música: Fran Amil Manuel María escribe unha fermosa poesía que pecha unha das arelas máis perseguidas por moitos dos artistas na actualidade. Eu mesmo aínda teño a esperanza de poder percorrer unha por unha todas as parroquias de Galicia para que coñezan a […]

Letra: Manuel María (do libro “Sonetos á Casa de Hortas”, 1997) Música: Fran Amil Manuel María escribe unha extraordinaria reflexión do tempo da vellez, na que pondera as cousas positivas dunha existencia ricaz. No poema fai referencia ao gran amor da súa vida, Saleta Goy. Saleta sempre, a pesares de irse hai nada. Supoño que […]

Letra: Manuel María (do libro “Aldraxe contra a xistra”, 1973) Música: Fran Amil A actualidade deste poema de Manuel María resulta ameazadoramente actual. Na política actual a palabra segue a ser limitada, e demasiados refugallos radioactivos, e ameazas de guerras atómicas que veñen das sombras do pasado para volver anguriar a vida da xente sinxela. […]

Letra: Manuel María (do libro “Cantos rodados para alleados e colonizados”, 1976) Música: Fran Amil Manuel María recolle neste poema satírico unha sensación moi espallada, na época na que foi publicado, no que atinxe á fala. Era a época da emigración fóra do país e mesmo dentro do país,cara ás cidades, onde o galego atopaba […]

Completadas as letras en galego, castelán e inglés do disco “Popsía Vol. I”, comezamos coas letras do disco “A voz do vento”. Este disco está adicado por completo a cancións derivadas dos poemas de Manuel María, nunha encarga de A Mesa Pola Normalización Lingüística para achegar ao poeta da Terra Cha á xuventude. O disco […]