Chuches Amil finalista dos Premios Martín Códax da Música

Os Premios Martín Códax da Música, organizados por Músicas ao Vivo, veñen de propoñer a Chuches Amil como finalista na categoría de Música Infantil.

Con ese motivo, fumos ata Cambados o meu irmán Carlos e máis eu, ás Bodegas Martín Códax, onde tivo lugar un emotivo reencontro de músic@s e a sensación de que imos rebentar a anormalidade para volver recuperar os folgos, o sorriso e a dedicación á música, para compartir esta esperanza no porvir, porque o porvir é meu, é teu, é seu, é de tod@s. Neste encontro déronnos a cadanseu artista finalista un recoñecemento, unha botelliña de Martín Códax co selo de finalista na correspondente categoría dos premios musicais.

Chuches Amil está entre @s finalistas na categoría de Música Infantil, que compartimos con artistazos da categoría de Paco Nogueiras, e Brais das Hortas e Peter Punk. Ollade que guap@s estamos nas fotos. Na foto da dereita comparto espazo con outro dos finalistas, Brais das Hortas.

De esquerda a dereita: Paco Nogueiras, Peter Punk,
Brais das Hortas e Fran Amil
Fran Amil e Brais das Hortas

Tamén estaban nominadas amigas moi queridas, e colaboradoras no meu disco “A voz do vento”, como MJ Pérez, finalista na categoría Canción de autor/a. E Belén Tajes, finalista na categoría Pop Indie.

Fran Amil e MJ Pérez
Belén Tajes e Fran Amil

Tamén partillei momentos con Brais Morán, finalista na categoría Blues, Funk e Soul.

A todos, parabéns. E a seguir desfrutando da música!!!