Letra: Xosé María Díaz Castro
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Nado en Guitiriz (Lugo), Xosé María Díaz Castro só publicou o libro de poemas “Nimbos” en vida na editorial Galaxia, no ano 1961. “Coma brasas” pertence á sección “Pórtico”, a primeira das sete seccións en que se divide o libro, e achamos no texto unha precisa definición das intencións do autor na súa afirmación como poeta e as cousas que lle interesan para ser cantadas.
Esas brasas ás que fai alusión o título do poema prenderon en nós, e por iso portamos o facho coa curiosidade e inquedanza adolescentes, para mergullarnos nun berro rockeiro que axude a dar rostro a ese drama cheo das cousas.

Axúdaronnos deasta volta Paco Cerdeira coa guitarra eléctrica, Antón Fernández “Torroncho” co baixo, Ricardo Casás “Richi” co saxo tenor, Fernando Román coa gaita, Álex Salgueiro cos teclados, e Ángeles Dorrio e Carmen Rey nos coros.
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- COMA BRASAS Fran Amil 4:31
Poeta ou non, eu cantarei as cousas | |
que na soleira de min mesmo agardan. | |
Alumarei con fachas de palabras, | |
ancho herdo meu, o mundo que me deron. | |
Eí están, coma brasas contra a noite, | |
as vellas cousas, cheas de destinos. | |
Ollos que piden, de famentos nenos. | |
Ollos que esperan, dunha adolescente. | |
Coma brasas. (x2) | |
Coma brasas. (x2) | |
¡Galiza en min, meu Deus; pan que me deron | |
leite e centeo e soño e lus de aurora! | |
Longa rúa de mar, fogar da terra, | |
e esta crus que nos mide de alto a baixo. | |
Coma brasas. (x2) | |
Con este alento, eu lle darei ás cousas | |
o drama cheo que lles nega a vida: | |
dareilles rostros, pra que se coñezan, | |
palabras lles darei pra que se entendan… | |
Coma brasas. (x2) |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.