Concerto Fran Amil – Galgo Azul Espazo Cultura (A Coruña) 20/02/2025

O xoves, 20 de febreiro, Fran Amil presenta Poesía Vol. I no Galgo Azul Espazo Cultura, na rúa Gramela, 16-18 baixo, na Coruña, ás 19:00. A entrada ten un custo de 6€ e pode mercarse en www.entradium.com.

O concerto está enmarcado dentro do Festival Poético de Febreiro e as actividades incluidas na extensa programación ofertada. Terá unha duración duns 45 minutos e poderemos escoitar algunhas das cancións de Popsía Vol. I en riguroso directo, só coa guitarra e a voz de Fran Amil arropando os poemas dos autores escolmados no seu último traballo.

Podedes ver o cartel das propostas que teñen programadas neste espazo cultural referencial na zona das Conchiñas, na Coruña, na que podedes mercar libros, discos, banda deseñada, etc ao tempo que tomades un grolo ou asistides a unha sesión de presentación de traballos de artistas galegos e doutras latitudes. Leo, Juan, Sete atenderánvos con eficacia e trato exquisito. Recomendamos moito a visita a este lugar. E tamén poderedes mercar Popsía Vol. I neste local, xa que teremos varios discos á vosa disposición durante o mes de febreiro, alomenos.

Programación Galgo Azul febreiro 2025 - Concerto Fran Amil o 20 de febreiro

Estades convidados a esta presentación que terá sorpresas e algún agasallo para a xente que merque o noso disco en Galgo Azul. A súa web é https://galgoazul.com