Para celebrar unha data como a de hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Fran Amil convídanos a recuperar o video Non violencia, videoclip musical realizado por Manu Viqueira con todo o alumnado e a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, de A Coruña.

O proxecto NonViolencia é unha iniciativa do anpa Aturuxo que arrancou no curso 2018-2019. A letra da canción foi composta polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, asesorados pola escritora Dores Tembrás. A música é de Fernando Esclusa, en colaboración con nenos e nenas de educación Primaria. E Fran Amil foi un dos cantantes convidados a participar de tan marabillosa iniciativa.
