Curso prometedor

Comezamos o curso 2021-22 do mellor xeito posible na nosa páxina, cunha nova sección chamada “Miscelánea”, que podemos atopar inserida no menú “Multimedia”.

Esta sección acollerá artigos relacionados cos meus discos e actuacións, e arrancamos conmemorando o cabodano de dous dos poetas que integran o plantel de autores dos versos que alimentan o meu disco “Popsía Vol. I”: Celso Emilio Ferreiro e Luís Amado Carballo.

Cabodanos, aniversarios de nacemento e outras efemérides terán acollida nesta sección.

Todos os artigos terán enlaces ás miñas cancións, páxinas de interés relacionadas cos autores, fotos, vídeos, etc.

Estes dous primeiros artigos presentan unha novidade que agardo sexa do voso agrado: versións en acústico de cancións gravadas ex-profeso para conmemorar estas datas.

No futuro presentarei versións con sorpresas, tiradas de concertos ou gravadas para a ocasión, amén de poñer o enlace pertinente á versión orixinal do disco.

Outra novidade salientable será a de poñer a disposición de todos os siareiros as letras dos temas dos meus discos, coas súas correspondentes traducións ao español e inglés (e…).

Temos máis novidades, pero non queirades sabelas todas de vez. Seguide atentos, entrando na páxina un par de veces ao mes, cando menos, para enterarvos de todo. Ou mellor aínda, entrade todos os días para escoitar a miña música e ver videos e fotos ben chulas.

E se me seguides nas redes, poderedes ver a ruta dos puntos de venda e as presentacións do disco que neles farei. Só por achegarvos haberá agasallos. A mellor música pop e os agasallos casan de virguería!!! Vinde!!!