Letra: Avilés de Taramancos
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Avilés de Taramancos, de Taramancos, Boa (Noia, A Coruña), o taberneiro da palabra, é un fecundo poeta que bebe da fonte limpísima da vida.

Xa tiña gana de cantar unha canción de amor, e Avilés agasállanos con esta fermosa, furtiva e fuxitiva arela, mel dunha roseira florescida ateigada de espiñas e de recendos.
Fran Amil: voz principal, coros e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica e guitarra acústica
Antón Fernández “Torroncho”: baixo
Ricardo Casás “Richi”: clarinete e saxo tenor
Álex Salgueiro: piano
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- DASME A VIDA Fran Amil 4:35
| Chamo á porta do amor na noite escura | |
| e está o teu corazón coa luz prendida. | |
| A túa man socórreme a ferida | |
| e cúrame o teu labio a desventura. | |
| Dasme a vida e dasme a sepultura | |
| E dasme a vida e dasme a sepultura | |
| A auga que me dás tan fresca e pura | |
| é da fonte limpísima da vida: | |
| mel da túa roseira florescida | |
| entre as coxas, as sedas, a espesura… | |
| Dasme a vida e dasme a sepultura | |
| E dasme a vida e dasme a sepultura | |
| Pois xa por sempre irei de ti cautivo | |
| pois dasme a vida e dasme a sepultura | |
| dun amor imposíbel e furtivo. | |
| Pois dasme a vida e dasme a sepultura | |
| E dasme a vida e dasme a sepultura | |
| Como me doe a túa fermosura | |
| da que devezo e ando fuxitivo | |
| pois sei que o mal que teño non ten cura! | |
| Pois dasme a vida e dasme a sepultura | |
| E dasme a vida e dasme a sepultura. | |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.