Espectáculos de Fran Amil para a Rede Cultural da Deputación da Coruña, para o ano 2026.

Este ano, presentamos novidades para a Rede Cultural da Deputación da Coruña. coa incorporación de percusións electrónicas, que reforzan a proposta de bases electrónicas e guitarra e voz destes últimos anos. Tamén propoñemos un formato a dúo, con acordeón, guitarra, percusión electrónica e voz que ofrece novos matices ao noso repertorio.

Ademáis da opción da charla-concerto, que Fran Amil levou pola provincia adiante nos últimos anos, agora presentamos unha opción de concerto máis áxil, dinámico e de grande interese cultural, baseado nos poemas dos nosos autores máis sobranceiros, coa forza da música pop-rock creada por Fran Amil.

Estes son os nosos espectáculos e os códigos cos que aparecen no apartado Música a escena:

PMR/54 Fran Amil concerto

PMR/55 Fran Amil Concerto dúo

POM/168 Fran Amil Popsía Charla-Concerto

Entrade na web da Deputación da Coruña e contratade algún destes eventos. Veredes que teñen uns cachés moi axustados, porque a calidade non está reñida co prezo.

Saúde e cultura a eito para todxs!