Hai que dicir sempre non

Letra: Manuel María (poema “Estudio socio-económico-cultural (Propio para teses doutorais)” do libro “Proba documental”, 1968)

Música: Fran Amil

Manuel María, nacido en Outeiro de Rei (Lugo), foi un dos poetas máis prolíficos e máis comprometidos coa nosa terra, dende que comezara a súa andaina literaria a principios da década dos 50 do pasado século XX.

Fran Amil no auditorio da Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei

Cando me fixeron a proposta de musicar os poemas de Manuel María para achegalos á xuventude, respostei afirmativamente ao instante. Sen eu sabelo, nesa altura estaba nacendo no meu interior o concepto Popsía que poucos anos despois desenvolvería de cheo co disco homónimo.

A canción “Hai que dicir sempre non” abría un camiño que se afastaba das miñas experiencias musicais con gran parte dos grupos cos que colaboraba daquela, e no que xa abrollaba unha semente de voz diferente e propia que axiña me levaría por camiños que darían paso a unha carreira na que a miña voz e a miña música se converteron na miña forma de expresarme artisticamente.

Fran Amil: voz principal e batería

Jasper: colaboración voz

Paco Cerdeira: guitarra eléctrica

Álex Bardanca: baixo

Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados

Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.

  1. Hai que dicir sempre non Fran Amil e a tribo incompren 3:12

Embed

Copy and paste this code to your site to embed.

(…)
Hai que dicir sempre non, non
e non a tanto tópico que afoga,
que nos impide xa o respirar.
Un sinte noxo e dor. E quérese ir. (x2).
Un sinte noxo e cavila tristeiro
que só con sentimentos e saudades
-por moi metafísicas que sexan-
non se pode chegar a ningún lado.
Un sinte noxo e dor. E quérese ir. (x2).
Pero… ¿para onde camiñar
se están tódolos camiños atrancados
e pechadas todas as saídas?
Hai que dicir sempre non, non
e non a tanto tópico que afoga,
que nos impide xa o respirar.
Un sinte noxo e dor. E quérese ir. (x2).
Pero… ¿para onde camiñar
se están tódolos camiños atrancados
e pechadas todas as saídas?
Un sinte noxo e dor. E quérese ir. (x2).
Hai que dicir sempre non, non
e non

Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.