Inauguramos a páxina de Fran Amil

Inauguramos hoxe unha páxina que me fai moita ilusión, porque me permitirá relacionarme c@s siareir@s, e comunicarlles cantas iniciativas levemos adiante para favorecer o contacto coa miña música e @s nos@s seguidor@s.

Prometo unha achega semanal, cando menos, polo que vos aconsello xirar visita a cotío a esta miña/vosa páxina.

Contareivos anécdotas derivadas dos meus concertos, así como da gravación e/ou edición dos meus discos, e tamén surtireivos de novas relacionadas co meu mundo musical e artístico.

Cómpre que fagades lectura de cantos máis artigos mellor, pois en varios deles atoparedes sorpresas que derivarán en agasallos seguros. Ollo, pois xa inauguramos este concepto nalgún dos artigos cos que saímos á luz. Lede con atención, e o máis espilido e veloz atopará premio.

Premio. Agasallo. Correspondencia. Estes son os termos cos que nos prestaría sermos recoñecidos. Premio. Agasallo. Correspondencia. Estes son os termos que queremos reivindicar e espallar nesta miña/vosa páxina.

Saúde e música para vivir!!!