Letras de “A voz do vento” e “Popsía vol. I”

Pois xa temos completadas as letras en galego, castelán e inglés dos meus discos “A voz do vento” e “Popsía Vol. I”.

Popsía vol.1

“A voz do vento” está adicado por completo a cancións derivadas dos poemas de Manuel María, nunha encarga de A Mesa Pola Normalización Lingüística para achegar ao poeta da Terra Cha á xuventude. O disco foi publicado en febreiro do ano 2016, coincidindo coa dedicatoria do Día das Letras Galegas a Manuel María nese mesmo ano.

“Popsía Vol. I” recolle un amplo percorrido pola lírica galega dende finais do século XIV ata finais do século XX. Mendiño, Rosalía de Castro, Valle-Inclán ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros, forman parte desta antoloxía. O disco publicouse en marzo de 2021.

Tódalas letras están ilustradas con fotos, datos dos autores, datos sobre os discos, e ademais podemos escoitar cada un dos temas ao tempo que lemos as letras ou os artigos.

Non descarto nun futuro ampliar a tradución a outras linguas.

“A voz do vento” está en Multimedia>Miscelánea>Letras do disco A voz do vento.

“Popsía Vol. I” está en Multimedia>Miscelánea>Letras do disco Popsía.