Marabillosa crítica de “Popsía” en Nós Diario

Esta é a increíble crítica escrita por Fernando Montenegro, e publicada o 7 de xaneiro de 2022 no suplemento “Sermos Galiza” de Nós Diario. Unha crítica na que o autor é quen de albiscar no máis profundo do meu ser para entender as motivacións que me levaron a afondar na lírica galega á hora de ilustrar musicalmente os textos escollidos. Dáme que poucas veces na miña traxectoria atoparei algo co que me sinta tan identificado (alén da laudatoria). Moitas grazas, Fernando. Se un día coincidimos, preséntate e tomamos unhas cuncas.