Letra: Celso Emilio Ferreiro (poema titulado “Spiritual”, do libro “Longa noite de pedra”)
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
O poeta de Celanova (Ourense) Celso Emilio Ferreiro é o bardo con máis versións musicadas da súa obra. E é que en cada verso de Ferreiro abrolla un ritmo cantable que ten a forza dun imán.

Mentres canto o corazón vai comigo e con il falo, e todo canto hai no mundo é unha nota que me irmanda con tódolos homes e mulleres que me prestan os seus ouvidos.
Fran Amil: voz principal, coros e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Antón Fernández “Torroncho”: baixo
Ricardo Casás “Richi”: saxo tenor
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- MENTRES CANTO Fran Amil 4:00
| Cicais mañá | |
| cando a miña mirada | |
| non abrolle na luz | |
| como cativa mapoula de auga, | |
| veña a soedade. | |
| Pero hoxe canto en libertá | |
| e mentres canto | |
| non estou isolado, | |
| que o corazón vai comigo | |
| e con il falo. (X2) | |
| Beberei a paisaxe | |
| nun amencer de lirios. | |
| As campanas do mar | |
| nos ventos fuxidíos. | |
| Cada intre un paxaro, | |
| cada pulso un latexo. | |
| Unha espada de chuvia | |
| cortando a frol do vento. | |
| Nin as olladas torvas, | |
| nin os beizos esquivos, | |
| nin as voces nemigas | |
| nin os homes cativos. | |
| E mentres canto | |
| non estou isolado, | |
| que o corazón vai comigo | |
| e con il falo. (X2) | |
| Vivirei coma o lume | |
| alcendido na noite. | |
| Terei cumios de estrelas, | |
| cantarei para os homes. | |
| Estou comigo mesmo. | |
| O corazón é quen manda, | |
| i eu obedezo. | |
| E mentres canto | |
| non estou isolado, | |
| que o corazón vai comigo | |
| e con il falo. (X2) |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.