Mes de celebracións

Este mes de setembro conmemoramos os cabodanos de Manuel María, a quen lle adiquei completo o disco “A voz do vento”, e o de Luís Amado Carballo, un dos poetas que fornece o disco “Popsía Vol. I”.

Para a lembranza de Luís Amado Carballo gravei unha versión en acústico de “Candeloria”.

Para a homenaxe a Manuel María contei co reforzo dos brillantes músicos Richi Casás e Fernando Román, ámbolos colaboradores nos meus discos: Richi en todos, e Fernando en “Popsía Vol. I”. Xuntámonos unha morriñenta tarde en Casa Lourán, en As Restrebas, no Val de Xestoso, municipio de Monfero (A Coruña), para argallar unhas versións divertidas das nosas cancións. E este foi o resultado, gozádeo.