Letra: Rosalía de Castro
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Pouco que engadir sobre a figura máis estudiada e recoñecida da lírica galega.

Se acaso, afondar na última tendencia sobre a revisión biográfica, que sitúa a Rosalía no cumio da modernidade do seu tempo, rompendo cos tópicos e cunha visión interesada en reducir a súa participación, ou en calificala de chorona, como aconteceu por demasiado tempo cun poema tan metafísico e tan profundo como este “Negra Sombra”, que para nós aúna ese cheirume soul coa fusión tan galaica que lle imprime a gaita. Nin me deixarás ti nunca.

Gústanos moito a frase de Fernando Montenegro na súa crítica do disco “Popsía Vol. I” aparecida en “Sermos Galicia”, suplemento cultural de Nós Diario: “Se cadra hai un solo de gaita que nos cambia a forma de ver “Negra sombra”…”

Ollade que marabillosa banda xuntamos para a ocasión nos Estudios Abrigueiro.
Fran Amil: voz principal, teclados e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Ruchi de Baio: baixo
Gueorgui Oganesian: saxo tenor
María Quiroga: trompeta
Mandela: trombón
Miguel Vázquez: gaita
Marta Oro Amón:violín e viola
Arturo Vaquero: teclados
Ángeles Dorrio, Carmen Rey e Sara Vázquez: coros
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- NEGRA SOMBRA Fran Amil 3:26
| Cando penso que te fuches, | |
| negra sombra que me asombras; | |
| (negra, negra, negra sombra; | |
| negra, negra, negra sombra) | |
| aos pés dos meus cabezales | |
| tornas facéndome mofa. | |
| (negra, negra, negra sombra; | |
| negra sombra que me asombras) | |
| Cando maxino que es ida, | |
| no mesmo sol te me amosas: | |
| i es a estrela que brila | |
| i eres o vento que zoa. | |
| (negra, negra, negra sombra; | |
| negra, negra, negra sombra) | |
| (negra, negra, negra sombra; | |
| negra sombra que me asombras) | |
| Negra, negra, negra sombra; | |
| Negra, negra, negra sombra; | |
| Se cantan es ti que cantas, | |
| se choran es ti que choras, | |
| i es o marmurio do río, | |
| i es a noite i es aurora. | |
| En todo estás i ti es todo, | |
| pra min i en mi mesma moras, | |
| nin me deixarás ti nunca | |
| sombra que sempre me asombras. | |
| Negra sombra, negra sombra. | |
| Negra sombra, negra sombra. | |
| Negra sombra, negra sombra. | |
| Negra sombra que me asombra. | |

Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.