Letra: Manuel María (do libro “Aldraxe contra a xistra”, 1973)
Música: Fran Amil
Cando Manuel María escribiu este poema, a situación da fala era problemática, pois o galego apenas tiña unha presenza testemuñal nos medios da época.

Curiosamente, a pesares de que hoxe temos xornais, libros, radios e televisión en galego, paradoxalmente a situación do galego está en máis grave perigo ca nunca.
Isto demostra que non podemos baixar a garda, e que cómpre facer máis cancións e máis creación en galego, e cómpre que as administracións fagan unha defensa clara e contundente.
Fran Amil: voz principal e batería
Paula Romero: colaboraciónvoz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Manuel María: recitado
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Non temos escolas en galego Fran Amil e a tribo incompren 3:18
| (…) | |
| Non temos escolas en galego, | |
| nin xornais en galego, | |
| nin radios en galego, | |
| nin televisión en galego, | |
| nin case libros en galego. | |
| Os nosos deberes non están | |
| escritos en galego. | |
| Estamos fartos de escoitar | |
| sermós que falan de caridade | |
| e amor almibarado | |
| nunha lingua que non é, | |
| precisamente, a nosa lingua. | |
| Non é, | |
| precisamente, a nosa lingua. | |
| Non é. | |
| (…) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.