Letra: Manuel María (do libro “As lúcidas lúas do Outono”, 1988)
Música: Fran Amil
Manuel María canta á resistencia. Os seus versos convértense nun berro rockeiro. Somos como o aceiro e como o ferro. A vida é unha espiral cega e retorta, pero nós aprendemos todos os seus camiños e reviravoltas e, con pan e viño e música, os nosos pés son de aceiro.

Fran Amil: voz principal e batería
Xosé Antón Bocixa: colaboración voz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Nos somos como o aceiro Fran Amil e a tribo incompren 3:20
| Nós somos como o aceiro e como o ferro | |
| que, canto máis se afía, mellor corta. | |
| A vida é unha espiral cega e retorta, | |
| angustia silandeira e forte berro. | |
| Somos un vento tolo, folla morta, | |
| carne de desamparo e de desterro | |
| pechada, tristemente, nun encerro | |
| do que non sairemos. Non importa. | |
| Non importa moito esta febleza; | |
| esta vida caduca, tan pequena; | |
| este non comprender e esta tristeza. | |
| Aquí estamos, no chan e na pobreza, | |
| con entrega total e con fe plena, | |
| acreditando tan soio na beleza. |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.