Nova sección adicada ás letras dos meus discos

Co arranque do curso este setembro de 2022, incorporamos unha nova sección adicada ás letras das cancións de meus discos. Comezamos por “Popsía Vol. I”, coas primeiras cancións, ”Ondas de San Simón”, “Coma brasas” e “San Martiño”. Iremos engadindo novas letras, e aportaremos textos e fotografías que sitúen a creación das miñas cancións, e que as comenten dende perspectivas inéditas. Ademais, poderemos encontrar a tradución en castelán e en inglés, seleccionando os respectivos idiomas no menú. Medre a música galega!!!

A nova sección está en Multimedia>Miscelánea>Letras do disco Popsía.

E non será a única novidade que iremos presentando estes meses. Estade atent@s, meus e miñas.