Novas incorporacións mes de xuño

Neste mes de xuño de 2021 seguimos alimentando e medrando a nosa páxina.

No menú “Multimedia” temos dúas novas páxinas: a subsección “O que de min dixeron os medios”, inserida na sección “Medios”, na que daremos conta de todo canto digan sobre os nosos proxectos nos medios; e a subsección “Internet” inserida tamén na sección “Medios“. Nesta última incorporación destaca a reportaxe de GZ Música arredor da presentación do cd-libro de Fran Amil “A voz do vento”, acontecida no ano 2016.

Relacionada tamén con “A voz do vento” está a suma de novas incorporacións na sección “Videos” do menú “Multimedia”: a presentación de “A Voz do vento” na Casa Museo de Manuel María, e a interpretación en directo de “Poema do alleado” na Sala Malatesta de Santiago de Compostela.

Fran Amil estivo no programa cultural da TVG2 “Zigzag” presentando o seu novo proxecto “Popsía Vol. I” en animada charla con Pilar G. Rego. Podemos velo na páxina “Tv”.

E temos intención de seguir medrando. Non deixedes de seguirnos. Saúde e música para tod@s