Letra: Manuel María (do libro “A luz resucitada”, 1984)
Música: Fran Amil
Na década de 1980, Manuel María intensificou a súa faceta de difusor cultural, participando en conferencias, coloquios, pregóns, recitais, xuntanzas culturais, etc.
A canción “O desexo” ben podería facer referencia a ese esforzo. A banda creada para este disco, co nome de Fran Amil e a tribo incomprensíbel, ataca con moita intensidade o tema.

Fran Amil: voz principal e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- O desexo Fran Amil e a tribo incompren 2:34
| Sinto o sangue fervendo, alporizado, | |
| un océano de lume | |
| avanta incontíbel polas veas, | |
| semella que os miolos | |
| van -de súpeto- a estourar. | |
| Semella que os miolos | |
| van -de súpeto- a estourar. | |
| Un queda sen folgos | |
| cos beizos resecos e sedentos: | |
| é o desexo ouveando, afiando | |
| navallas e coitelos, alcendéndonos, | |
| queimándonos, | |
| facendo faiscar os nosos ollos | |
| e poñendo en pé ao ser do noso ser. | |
| Facendo faiscar os nosos ollos | |
| e poñendo en pé ao ser do noso ser. | |
| É o desexo (x2). | |
| Sinto o sangue fervendo, alporizado, | |
| un océano de lume | |
| avanta incontíbel polas veas, | |
| semella que os miolos | |
| van -de súpeto- a estourar. | |
| Semella que os miolos | |
| van -de súpeto- a estourar. (x3) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.