Letra: Manuel María (do libro “Aldraxe contra a xistra”, 1973)
Música: Fran Amil
A actualidade deste poema de Manuel María resulta ameazadoramente actual. Na política actual a palabra segue a ser limitada, e demasiados refugallos radioactivos, e ameazas de guerras atómicas que veñen das sombras do pasado para volver anguriar a vida da xente sinxela.
Nós gustaríamos máis de ollar mañás con raiolas de sol e rostos de ledicia. E desfrutar da voz de Manuel María, que nos acompaña neste tema. Con el, a palabra acada límites insospeitados. Ogallá o idioma da música encha os nosos días e desocupe as preocupacións que catro tolos queren impoñer.

Fran Amil: voz principal e batería
Manuel María: recitado
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Ollei misiles con radar Fran Amil e a tribo incompren 3:58
| (…) | |
| Ollei misiles con radar, | |
| osíxeno, | |
| avións concord, | |
| música electrónica, | |
| células foteléctricas, | |
| viaxes espaciais, | |
| descobrimentos | |
| de outros mundos, | |
| refugallos radioactivos, | |
| poluciós. | |
| E a palabra sigue | |
| sendo limitada. | |
| (…) | |
| A palabra dominada, | |
| arquivada en conserva, | |
| rendida, | |
| disminuida, | |
| teledirixida, | |
| aumentada, | |
| examinada por detrás, | |
| por diante | |
| e polo medio, | |
| ollada a trasluz, | |
| vendida no mercado | |
| a baixo prezo. | |
| (…) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.