Os espectáculos de Fran Amil na Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2025

Como vén sendo usual nos últimos anos, Fran Amil está inscrito na programación cultural da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Neste 2025 temos dúas propostas cheas de Poesía, música e interese e diversión nunha proposta testada con grande acollida de público, nos últimos anos.

Recuncamos coa nosa ” Fran Amil Popsía Charla-Concerto” que xira en torno a algúns dos poetas e poemas que aparecen no traballo “Popsía Vol. I”, de Fran Amil. Tamén é un concerto de 60 minutos de duración aproximadamente, con Fran Amil cantando e tocando a guitarrra, acompañado con bases electrónicas e amplificado cun equipo de 1000W. Potencia abondo para sonorizar recintos pequenos e mesmo para concertos ao aire libre (prazas ou parques públicos). E tamén temos “Fran Amil dúo” con Fran Amil cantando, tocando a guitarra, pandeireta e percusión eléctrica; acompañado pola habelencia de Moncho do Orzán co acordeón. Este formato dúo é o que inauguramos no ano 2024 e que tantos concertos nos brindou durante o ano pasado.

Para facilitarvos a búsqueda, estes son os códigos dos nosos espectáculos, dentro do apartado ESCENA AO VIVO

836/14 MUSICOS AO VIVO,S.COOP.GALEGA – –

  • PMR/12 Fran Amil – Fran Amil dúo – 2025000003492 – 650,00 150,00 800,00 MÚSICA

E, dentro do apartado LINGUA A ESCENA, temos a seguinte proposta:

836/14 MUSICOS AO VIVO,S.COOP.GALEGA

  • LMU/2 Fran Amil – Fran Amil Popsía Charla-Concerto – 2025000003506 – 500, 00 – 0,00 – 500,00 MÚSICA

A charla-concerto Popsía de Fran Amil fai un repaso pola poesía galega dende o medievo ate os nosos días, de xeito ameno e inclúe mostras de cortes medievais, que poñen en contexto a primeira parte da actuación. Esta divídese en dúas partes, axilizando os contidos e o interese e atención do público. E poderemos escoitar, cantados, poemas de Rosalía de Castro, Mendiño, Antón Avilés de Taramancos, Luis Amado Carballo e de outros autores referenciais na literatura galega, na voz de Fran Amil.

Convidámosvos a asistir e gozar de Música e Poesía en calqueira dos dous formatos que ofrecemos.