Letra: Manuel María (do libro “Terra Chá”, 1954)
Música: Fran Amil
Manuel María canta no seu primeiro libro á súa terra e ás cousas sinxelas e cheas de vida, como esas poceiras de vida efímera. Pero grazas á forza e honestidade dos seus versos, as poceiras alongan a súa vida sempre que algunha orella esperta acolla o ritmo das palabras do poeta. Déixademe contribuír a esa escoita achegándolle un chisco de música, abeirado por unha banda marabillosa.

Fran Amil: voz principal e batería
M.J. Pérez: colaboración voz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Poceiras Fran Amil e a tribo incompren 2:07
| ¡Brilan ao sol as poceiras! | |
| ¡Xa pouco máis brilarán! | |
| Hainas de cen mil maneiras | |
| e están tiradas no chan. | |
| A choiva fíxoas nacer | |
| sobre o monte ou no camiño. | |
| E fainas o sol morrer | |
| despaciño, despaciño… | |
| ¡Poceiras! (x2) | |
| E na terra están tiradas. | |
| ¡Viven nun barrizal! | |
| ¡E son por todos tripadas | |
| e a ninguén fixeron mal! | |
| ¡Poceiras! (x3) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.