Letra: Manuel María (do libro “Cantos rodados para alleados e colonizados”, 1976)
Música: Fran Amil
Manuel María recolle neste poema satírico unha sensación moi espallada, na época na que foi publicado, no que atinxe á fala. Era a época da emigración fóra do país e mesmo dentro do país,cara ás cidades, onde o galego atopaba francamente atrancos.
Hoxe a situación é outra, coa fala en perigo de desaparición polo seu pouco uso nas novas xeracións, pero cunha conciencia de posuír unha ferramenta de comunicación de primeiro orde da que nos sentimos moi fachendosos.

Fran Amil: voz principal e batería
Antón Díaz: colaboraciónvoz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Poema do alleado Fran Amil e a tribo incompren 2:28
Son un bilingüista | |
moi apaixonado, | |
un colonialista | |
ben colonizado. | |
Teño unha língua nai | |
e unha língua pai | |
e unha lingua filla | |
que me marabilla. | |
Son un alleado | |
fino e progresista | |
ben domesticado. | |
¡Son un castrapista | |
como está mandado! | |
Oi, oi,oi, oi, oi, oi, oi, alleado (x2) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.