POPSÍA EN CULLEREDO

Espectacular charla concerto en Culleredo o venres 22 de abril!!! O Auditorio do edificio de Servizos Múltiples vibrou hoxe con ‘Popsía’, o espectáculo de Fran Amil.

O alumnado do Instituto Universidade Laboral, o IES Blanco Amor e do IES Rego de Trabe, así como as persoas usuarias do Centro Ocupacional a Escada gozaron esta mañá co show.

A reacción d@s asistentes foi semellante á de enfervorizad@s fans en calquera concerto de artistas consagrados, móviles con lanternas prendidas incluídas, e moito movemento nas butacas. Explosión de xúbilo e felicidade. Canto presta unha sesión así. E serve como un facho de esperanza, pois a xente nova demostra que ten orellas abertas a moitos tipos de música.

Un choupazo de espontánea reacción bailonga e enfervorizada cando escoitaban a pegadiza música de Fran Amil e “Popsía Vol. I”.

Unha dobre sesión que acolleu a unha chea de abraiad@s estudantes, un colectivo ao que o concello de Culleredo dá moitos mecos, cunha equipa excepcional que ten na cabeza a Jéssica Méndez, a edila de educación, Penélope López, a edila de Cultura, e o xefe da área de cultura Pablo Bouza, así como Carmen Veira en educación.

Xa sabedes, programadores, se queredes ter unha experiencia como esta nos vosos institutos e colexios, contactade con nós.

Podedes ver o que escribiron dende o departamento de prensa do concello de Culleredo no seguinte vínculo: https://www.culleredo.es/node/7537