“Popsía, Vol. I”, o mellor agasallo de nadal

Este nadal o agasallo máis fermoso e duradeiro que podes facer é o de ofrecer o disco “Popsía” a quen máis queiras (se cadra, a ti mesm@).

Popsía vol.1
Popsía vol.1

Déixovos aquí o que dixo Pepe Cunha sobre o noso disco, para que vexades o que de nós opinan: “As cancións tiradas de versos ou poemas adoitan ir acompañadas dun certo halo de solemnidade ou seriedade. Polo menos iso debeu motivar o músico coruñés Fran Amil (Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os tres trebóns, Ultraqans, Chuches Amil …) para nos propor unha alternativa desprexuizada e estimulante que leve clásicos da lírica galega a ritmos bailábeis de pop, soul, rock ou funky…”

Neste enlace tedes os establecementos onde podedes atopar o disco.

E se non o atopades, mandarme un privado e volo envío.