Presentación de “Popsía Vol. I” no programa “Zigzag” da Tvg

Pilar G. Rego entrevista a Fran Amil a propósito da publicación do disco “Popsía Vol. I”. Un repaso musical á historia da lírica galega en versións remozadas en clave pop, soul, funk e rock, que revitalizan uns textos inmorredoiros e demostran que os clásicos son clásicos porque se adaptan a calquera tempo e a calquera ritmo. Unha lección inesquecible, un disco vitamínico, comestible, fresco, duradeiro. E atrevido: aí é nada comezar a súa andaina co fin do curso. E non ten pinta de querer finalizar co principio do curso, senón todo o contrario. Aínda non tedes o voso exemplar? Bulide, insensat@s!!!