Letra: Antón Tovar
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Nado en Pereira, Rairiz de Veiga, na ourensá comarca da Limia, Antón Tovar foi poeta bilingüe que no ano 1962 publica “Arredores” na editorial Galaxia. Aínda que a súa poesía adoitaba encadrarse dentro da corrente chamada “existencialismo” e caracterizarse por un pouso de pesimismo, nós escollimos un poema cunha forte carga retranqueira na galega humanización do santo.

San Martiño, magosto, mozas e viño. Sabor e ritmo funky: gaita, trompeta e saxo venteando divinamente. Se sodes quen de manter os pés quietos parados, non sodes deste mundo. Quen pode resistir unha banda coma esta?: Paco Cerdeira na guitarra eléctrica , Antón Fernández “Torroncho” no baixo, Ricardo Casás “Richi” nos saxos tenor e alto, Manu Payno na trompeta, Fernando Román na gaita, Álex Salgueiro nos teclados, e Ángeles Dorrio e Carmen Rey nos coros, ademais de eu mesmo na voz principal, nos coros, no baixo electrónico, nas percusións e na batería.

Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- San Martino Fran Amil 3:42
| ¡Ai!, San Martiño, San Martiño (x2) | |
| -¡Ai! | |
| Na festa dos magostos | |
| do San Martiño, | |
| cando a castaña estoura | |
| e canta o viño, | |
| baixou do monte bébedo. | |
| O santo ven a Ourense, | |
| de vagariño, | |
| para alcender a alegría | |
| como un meniño. | |
| Con meia capa ó lombo, | |
| anda nas roldas de padriño. | |
| Anda collendo a leña, | |
| soprando lumes no camiño | |
| de Montealegre | |
| a Ceboliño. | |
| -¡Ai!, San Martiño | |
| -¡Ai!, San Martiño, | |
| que anduvo na borralla | |
| i emporcou o fuciño-. (x3) | |
| Ai!, San Martiño. Ai!, San Martiño. (x2) | |
| Ai!, San Martiño, que anda a bicar ás mozas coma un homiño; | |
| Ai!, San Martiño, que ten unha noiva no Ribeiriño; | |
| Ai!, San Martiño, que se deitou con ella; | |
| Ai!, San Martiño. | |
| -¡Ai!, San Martiño | |
| -¡Ai!, San Martiño, | |
| que anduvo na borralla | |
| i emporcou o fuciño-. (x4) |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.