Fran Amil leva unha carreira en paralelo co seu grupo Chuches Amil, orientado á música familiar. Ten dous discos libro editados pola Editorial Galaxia na súa colección “Sonárbore”, que podedes escoitar na páxina web de Chuches Amil. Unha páxina magnífica cheíña de saborosas novidades e variado contido: cancións, relatos trufados de imaxinación, banda deseñada, ilustracións a eito…
Chuches Amil presenta para este nadal o tema “O Apalpador”, a primeira canción que ve a luz da xeira de temas que estivemos a gravar a finais do mes de setembro e primeiros de outubro no estudio de gravación Drum&Roll Studios. Unha canción axeitada ao tempo de nadal que está por vir.

Podedes descargala e levala no móbil ou na tablet, e mesmo gardala no disco duro para oila cando e onde queirades, dende esta páxina.
E podedes escoitala aquí mesmo, só tedes que darlle ao play. Desfrutala.
- O Apalpador – Chuhes Amil 2:41
Fran Amil na batería e cantando, Antón Torroncho no baixo, Paco Cerdeira “Pakolas” na guitarra eléctrica, Richi Casás no saxo e no acordeón, e Ángeles Dorrio e Carmen Rey nos coros forman unha banda imbatible. A produción correu a conta de Fran e de Carlos Amil, e este último foi o produtor musical. Iago Blanco exerceu de técnico de son e de mesturas.





Ángeles Dorrio e Fran Amil
Chuches Amil, música con vida. Chuches Amil, música infinita.