Letra: Leiras Pulpeiro
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Manuel Leiras Pulpeiro, nacido en Mondoñedo (Lugo), é un dos compoñentes do Rexurdimento e publicou en 1911 o libro “Cantares gallegos”, onde recollía cantigas de tipo popular.

Nós fixemos un pequeno popurrí, xuntando algúns deses versos para dar forma a “Pena da roca”, que, obviamente, non existe como tal, nin sequera no título. Unha balada que reclama o mel doutro tempo, hoxe máis necesario ca nunca.

Fran Amil: voz principal, coros e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Antón Fernández “Torroncho”: baixo
Ricardo Casás “Richi”: saxo tenor
Fernando Román: gaita
Marta Oro Amón: violín e viola
Álex Salgueiro: teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- PENA DA ROCA Fran Amil 3:38
| Dan cen voltas as formigas | |
| para dar co mel na colmea; | |
| pero dou máis eu buscando | |
| o da boquiña das nenas. | |
| ¡Ai, quen me dera no souto | |
| que hai xunto da miña casa! | |
| ¡Ai, quen me dera coas nenas | |
| con quenes hai pouco brincaba! | |
| Tal a miña pena era, | |
| e tanto e tanto chorei | |
| que a mesma Pena da roca | |
| co pranto meu abrandei. | |
| Quedéime como o ramallo | |
| que deixan soio na fraga; | |
| non teño quen me agarime | |
| do sol do vento e da iauga. | |
| Tal a miña pena era, | |
| e tanto e tanto chorei | |
| que a mesma Pena da roca | |
| co pranto meu abrandei. |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.