Letra: Afonso X O Sabio
Adaptación da letra: Carlos e Fran Amil
Música: Fran e Carlos Amil
Afonso X O Sabio proxéctase dende o século XIII ata os nosos días cunha obra cumio como é “Cantigas de Santa María”. Estas cantigas son unha das coleccións de canción monofónica máis importante da literatura medieval occidental. En música, monofonía ou monodia é a textura máis sinxela, e consiste nunha soa liña melódica sen acompañamento musical ningún.

Podedes botar un ollo a este interesante artigo, que nos amplía o coñecemento sobre esta marabilla literario-musical.
A nosa homenaxe adopta a forma fusionada entre os aires latinos e mesmo o rap na procura dun ritmo que faga bailar á xente. Loor.

Fran Amil: voz principal, coros, percusións e batería
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Antón Fernández “Torroncho”: baixo
Francisco Rosa: tres cubano
Manu Payno: trompeta
Arturo Vaquero: percusións
Ángeles Dorrio e Carmen Rey:coros
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- ROSA DAS ROSAS Fran Amil 3:44
Esta é en loor de Santa María | |
como é fermosa e boa | |
e há gran poder… | |
Rosa das Rosas e Fror das Frores; | |
Dona das Donas, Señor das Señores. | |
Rosa de beldade e de parecer; | |
flor de alegría e de prazer. | |
Dona moi piadosa é | |
Ai, ai, ai, loor, ai, ai, ai | |
A tal señor devo moito amar | |
que de todo mal pode gardar (pode) | |
pode os pecados perdoar | |
que fan no mundo malos sabores | |
Rosa das Rosas, Fror das Frores; | |
Dona das Donas, Señor das Señores. | |
Esta dona que eu teño por señor | |
é da que quero ser trobador | |
se eu non podo haber o seu amor | |
dou ao demo os outros amores. | |
Rosa das Rosas, Fror das Frores; | |
Dona das Donas, Señor das Señores. | |
Esta é en loor de Santa María | |
como é fermosa e boa | |
e há gran poder; | |
Dona moi piadosa é | |
Rosa das Rosas, Fror das Frores | |
Dona das Donas, Señor das Señores. | |
Ai, ai, ai, loor, ai, ai, ai | |
Santa María, Santa María |
Se queres ver máis letras do disco “Popsía Vol. I” pincha AQUÍ.