Letra: Manuel María (do libro “A luz resucitada”, 1984)
Música: Fran Amil
Manuel María reflicte neste poema a estraña condición de quen non se sinte acollid@ na propia terra. Unha condición que abrangueu a multitude de galeg@s que tiñan difícil expresar a súa galeguidade coa normalidade que case calquera outra nacionalidade de calquera outra parte do mundo podía expresar sen atrancos de clase ningunha.

Fran Amil: voz principal e batería
O Leo: colaboración voz
Paco Cerdeira: guitarra eléctrica
Álex Bardanca: baixo
Aarón Bouzón: EWI 4000 e teclados
Lembrade que podedes ler a letra ao tempo que escoitades a canción.
- Forasteiro Fran Amil e a tribo incompren 2:47
Son un forasteiro na cidade en que vivo, | |
na propia tribo natal, | |
incluso na patria do corazón, | |
na que escollín e me escolleu, | |
na que máis amo. | |
¿qué fado tráxico, qué estraña | |
maldición ou odio monstruoso | |
fan de min un raro forasteiro | |
na miña propia, irrenunciábel patria? | |
Son forasteiro (x4) | |
Eu, que son nube, vento, río, | |
árbore, penedo, mar, tremor, | |
fala e terra desta miña terra, | |
non poderei ser nunca un forasteiro. | |
Aínda que o queirades. E eu o queira. | |
Son forasteiro (ad infinitum) |
Se queres ver máis letras do disco “A voz do vento” pincha AQUÍ.